PMUS

PLAN DE MOBILIDADE SOSTIBLE - Proceso Participativo "Sada Móvete"

O Proceso Participativo, denominado Sada Móvete, será realizado ao longo da redacción do Plan de Mobilidade Sostible do Concello de Sada mediante distintos Encontros Participativos, Presentacións e Enquisas especificas coa finalidade de coñecer a realidade da mobilidade no termo municipal e tamén a participación dos veciños na toma de decisións sobre a materia.

A redacción do Plan de Mobilidade Sostible debe partir de considerar a realidade territorial e social do concello de Sada, e a incidencia que tanto a urbanización como, en particular, as infraestruturas existentes e futuras dun xeito interrelacionado posúen nos patróns de mobilidade, na localización de actividades ou no reparto modal, e nas súas consecuencias espaciais, sociais, económicas e ambientais.

Deste xeito, o PMS configúrase como un verdadeiro documento de desenvolvemento estratéxico do territorio baixo unha visión integradora que ten como finalidade formular un conxunto de estratexias e actuacións orientadas á implantación de formas de desprazamento máis sostibles (camiñar, bicicleta e transporte público) que fagan compatibles o desenvolvemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente, garantindo así unha mellor calidade de vida para os cidadáns.

Na actualidade, a Participación Pública e a Comunicación cos cidadáns son uns procesos imprescindibles na redacción de calquera documento estratéxico, como é o caso do PMS do Concello de Sada, xa que contribúen á aceptación e lexitimidade do mesmo por parte dos veciños, permitindo ademais obter unha información moi interesante acerca dos problemas e demandas que posúen os cidadáns. Neste senso, cada vez máis os plans e proxectos non só han de contar cunha participación estruturada e formal desde o punto de vista metodolóxico, senón que tamén cunha participación moito menos estruturada e baseada na distribución da información e a divulgación para que o coñecemento da poboación sexa moito máis informado e se acaden estes obxetivos:

  • Informar á veciñanza do desenvolvemento e valores deste proceso, dun xeito transparente, sintético e significativo.

  • Xerar espazos de encontro e debate entre a cidadanía e coa parte técnica, nos que reflexionar sobre os puntos máis conflitivos da mobilidade no concello.

  • Incorporar a mirada e o coñecemento dos principais usuarios/as e afectados/as, para trazar medidas completas e realistas.

 

ESCRÍBENOS, A TÚA OPINIÓN IMPORTA

Sada Móvete, integra distintas actividades como Encontros Territoriais e Sectoriais, entrevistas con Técnicos e a realización de enquisas, tanto na fase de toma de datos e análise como na de formulación e validación das propostas.

Contactade connosco aquí para tratar calquera cuestión que consideres de cara a facer que o Plan de Mobilidade Sostible do concello de Sada facilite á cidadanía acadar unha Mobilidade Saudable, Sostible, Segura e Inclusiva.

 

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies