Esta enquisa sobre a mobilidade das persoas residentes encádrase dentro dos traballos de redacción do Plan de Mobilidade Sostible (PMS) do concello de Sada e dentro do seu proceso de Participación Cidadá "Sada Móvete".
Con esta enquisa de mobilidade búscase coñecer cales son os patróns de mobilidade dos seus cidadáns, tanto respecto aos fluxos como aos modos de desprazamento e transporte empregados, coa finalidade de caracterizar a mobilidade global do Concello de Sada e poder presentar as propostas máis axustadas ás necesidades identificadas a partir desta enquisa.
A enquisa é anómina e os seus datos non serán explotados de xeito individual senón que agrupada, e só cos fins derivados da elaboración do PMS do Concello de Sada, cumprindo ademais coa vixente normativa de protección de datos. Esta enquisa só debe ser realizada unha vez por persoa.
Agradecemos a súa colaboración.
15-01-2022
-
nan%
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies
Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies