I CONCURSO FOTOGRÁFICO: “12 MESES EN SADA”

O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, convoca ás persoas afeccionadas á fotografía para que realicen instantáneas de Sada que serán incluidas no calendario que distribue o concello (12 fotos en total) que se edita todos os anos no mes de decembro.

Aquelas persoas que queiran participar deberán presentar un máximo de 3 fotografías sobre Sada en temática libre. En caso de que saían nas imaxes persoas da rúa, estas aparecerán de forma que non se lles recoñeza a identidade, de espaldas ou coa cara non visible. As características técnicas das fotografías serán as seguintes: Formato JPG cunha resolución axeitada á impresión posterior dos calendarios. Peso máximo dos arquivos de imaxe presentados: 10 MB (polas 3 en total). Formato horizontal e adaptable ao tamaño 10x12 cm

As fotografías enviaranse até o 19 de novembro ás 12.00h a través do formulario que habilítase premendo o botón PARTICIPA. As fotografías presentadas colgaranse o 19 de novembro para difusión pública e votación popular no apartado do Portal de Participación Cidadá até o 26 de novembro ás 13.00h.

Quen escolle as fotografías gañadoras?. As propostas presentadas a través do formulario colgaranse no Portal de Participación Cidadá do Concello de Sada (participa.sada.gal). Serán escollidas por votación popular. Para facelo contabilizaranse o número de “votacións” que reciba cada unha delas.

Cal é o premio?. As 12 fotografías gañadoras estarán incluidas no calendario municipal que se edita todos os anos coa chegada do Nadal. Cada unha delas terá identificado o nome do autor/a ou seudónimo se fose o caso.

30-06-2022

.
nan%

Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Podes personalizar a túa experiencia aquí. Se queres saber máis, le a nosa Política de Cookies

Nesta xanela podes configurar as cookies que queres aceptar. Lembra que en todo momento, podes acceder á nosa Política de Cookies